Blogia
Mery,,]]

unha pequena lenda....

En certa ocasión  reunironse todos os deuses e decidiron crear ao home e a  muller. Planearon facerlos a súa imaxen e semexanza, pero entón un deles dixo: Esperen, se os imos  facer á nosa imaxe e semexanza, van ter un corpo igual ao noso, forza e intelixencia igual á nosa; debemos pensar en algo que os diferencie de nós, de non ser así, estaremos creando novos deuses. Debemos quitarlles algo, ¿pero que?.

"Logo de moito pensar un deles dixo: Xa sé, imos quitarlles a felicidade, pero o problema vai ser onde escondela para que non a atopen xamais.

Propuxo o primeiro: Imos escondela na cima do monte máis alto do mundo. Ao que inmediatamente repuxo outro: Non, recorda que lles demos forza; algunha vez alguén pode subir e atopala, e se a atopa un, todos saberán onde está.

Logo outro propuxo: Imos escondela no fondo do mar. E outro contestou: Non, recorda que lles demos intelixencia; algunha vez alguén van a construír un aparello co que poida mergullarse e entón atoparan.

O último deles, era un deus que permanecera en silencio, escoitando atentamente cada unha das propostas dos demais deuses. Analizou en silencio cada unha delas e entón rompeu o silencio: Creo saber onde poñela para que realmente nunca a atopen. Todos mostráronse asombrados e preguntaron ao unísono: ¿Onde?. Esconderémola dentro deles mesmos. Estarán tan ocupados buscándoa fora, que nunca a atoparán.

Desde entón foi así, pasámosnos a vida buscando a felicidade sen saber que a temos connosco......... "

Penso que esta historia nos trasmite que non perdamos o tempo buscando ou imaxinando a felicidade cando con vivir o presente coma se fora o noso ultimo dia, e buscando dentro de nos, a conseguiremos.

0 comentarios