Blogia
Mery,,]]

VERIN

O ENTROIDO

 

Eu, vou a explicarvos coma coñezo dende que teño uso de razon o Entroido. Solo con decirvos que para min esta festa é sinonimo de diversión. Coma peza fundamental atopamos o traxe do cigarrón ;sen este personaxe o Entroido de verin non teria sentido;este consta dunhas caracteristicas que o fan único, coma o latigo co que che zoupa se temetes con el.

Nesta miña vila, Verin, é unha das festas mais importantes do ano xunto co San Anton.Nese preciso día ten lugar a primeira saída dos cigarróns .Aínda que ese non é o comezo do entroido senón que é o chamado Xoves de Compadres.Este día ten coma caracteristica que so poden saír os homes, aínda que agora tamén saen as mulleres.Celebrase pola noite e ten unha vestimenta propia: gabardina e sombreiro.Faise un boneco xigante que despois será queimado.Isto é o propio desa noite, xunto cos petardos e as borracheiras.Deseguido temos o proximo domingo que é chamado: Domingo de Corredoiro, onde pola mañá concentranse os cigarróns na porta da parroquia deixando un pasillo entre eles.Nese intre mais vale que corras!!O xoves que sege ten o nome de Xoves de Comadres.Iste é un dos días máis esperados de todo o Entroido.A tradición di que so poden sair esa noite as mulleres ( ao reves que en compadres), pero coma acontece o xoves pasado tamén poden sair os do sexo oposto; aínda que isto require unha condición :vestirse de Muller, e que non o faga sera desnudado polas mulleres!Nesta noite os restaurantes de verin enchase de mulleres disfrazadas que saen a celebrar as comadres.Despois da cena imos hacia a casa do escudo con velas a recoller a nosa reina, q aparecera no balcon da casa; aquí tamén apareceran coma ao longo do carnaval os cigarrons.Deseguido camiñamos hacia onde teña lugar o pregon (neste ultimo ano foi na praza garcia barbon), e cando remate sege a festa na rúa, pubs e discotecas ata que non poidamos ca nosa alma e teñamos q voltar a casa a descansar e recuperar forzas para o Venres e o Sábado de Entroido.Iste día non ten unha funcion coma as anteriores en si mais que ir a alameda onde hai atraccións para os mais pequenos e mais hacia o rio onde estan outras duas atraccions e pola noite seguir divertindose.Cabe destacar destes dous dias que sempre soe haber charangas na praza garcia barbon, e tamen orquestas nese mismo lugar.Así chegamos a outros dos días máis esperados do Entroido o domingo de Entroido onde sobre as 12 do mediodia poderase ver o desfile das comparsas.Este sempre segue un orden de ruta e organización, primeiro van os ciguarrons de todalas idades, susto detrás a nosa reina e de seguido comparsas carrozas e charangas.o día seguinte xa ten un nome : o Luns fariñeiro, chamase así porque nise dia e cando mais fariña se bota, se vas a praza a veras  branca pola fariña.E chega o martes , o ultimo dia de diversión por asi decilo. Niste dia volvese a repetir o desfile do domingo ainda que épola tarde, e aprobeitase a ultima noite de Entroido. E asi chega o Mercores de Cinza onde o que se fai é descansar.

Aunque no mercares de cinza non remata o entroido, xa que ese domingo chamado :Domingo de Piñata, ten lugar a comida entre todalas comparsas que participaron no desfile, onde se reparten premios coma por exemplo a mellor carroza.

E ata ahí é o entroido desta miña vila, que para min é unico e o mellor de todos.